16 de nov. de 2016

13 de out. de 2016

Esquecida literatura galega no exilio.

Manuel Outeiriño escribía xa hai dez anos en EL PAIS, baixo o titular A sombra do ario:

"A gaita a falare, de 1939. Escribiuno Ramón Rei Baltar, médico que fundou con Castelao El barbero municipal para combater en Rianxo ó cacique Viturro. Rei Baltar foi presidente da Irmandade Galeguista de Bos Aires. Dispuxo que os réditos do libro se doasen en apoio da República. Cada exemplar valía un peso. Hoxe as editoras non dan un peso por el. Só compensa esta vergoña o libro Poemas pola memoria, escolma de Manuel Fernández, cun par de poemas do gran Rei Baltar. Outro libro memorable é o Cancioneirro da loita galega, publicación do Partido Galeguista feita en México, en 1943. O libro remata co poema final de A gaita a falareAntes mortos que escravos, no que se concentran a referencia a un debuxo de Castelao e ás palabras da Internacional. 
"No Fardel de Eisiliado de Seoane hai un poema datado en outono1949, Dende o Highland Princess. Di, máis ou menos: "Dende o convés de terceira do Highland Princess vexo as túas costas, Galicia... Escoito as voces malditas dos teus carceleiros e as gargalladas asasinas dos teus verdugos". O mellor do poema é que Seoane concluía con firmeza: "Dorido, dende o convés deste barco, véxote debruzada ao mar. Mais un día voltarei, derrubado e á vez afirmado en multitude, como tódolos que, erráticos coma min, andan esparexidos polo mundo". Seoane voltou e hoxe ten casa -ou fundación- na Coruña.
"Seoane vía Galicia "debruzada sobre o mar". Pouco despois, en Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro ve a Galicia igual "deitada fronte o mar", no verso final dun dos seus poemas máis célebres. Ata aquí algunhas sombras da guerra na poesía dun bando, o leal. Son parcial. Tamén houbo literatura fascista en galego. Amosouno Rodríguez Fer no imprescindible A literatura galega durante a guerra civil, lembrando os versos do cura Cabarcos: gabanzas de Franco, do fascismo, versos antisemitas. Unha gloria! Porén, a lingua da literatura fascista foi nomeadamente o castelán: leis fascistas, manuais de ensino fascistas e poemas de Pemán. O galego virou logo o que dixo Celso Emilio: lingua proletaria do meu pobo. O poema Cunetas de Luís Pimentel, publicouse en 1966 e hoxe pode relerse, con toda a serie terrorífica de Cunetas, na edición de Araceli Herrero. A sombra da guerra chega ata Álvarez Cáccamo, que evoca con sublime contención a figura do seu avó, o poeta e médico Darío Álvarez Limeses, a quen Ramón Cabanillas dedicara en 1952 o poema Cavilacións. Qué tempos! Beizón polo ano da memoria [2006], que nos lembra que temos que ir Á busca do futuro perdido, como indica Andreas Huyssens. Nese futuro espero ver publicado o libro de Rei Baltar."
 Alonso Montero, recolle no seu libro Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante (1995), este poema satírico escrito en México por Florencio Delgado Gurriarán:
Franco, Franquiño,
piquirrichiño,
nas nádegas de Hitler
puxeche o fuciño.

25 de ago. de 2016

Alfonso Castro Dono

Mestre e poeta. Secretario do Partido Galeguista na Garda onde estaba destinado, estará acochado durante 12 anos para fuxir nun exilio interior da persecución política. Nun dos lugares nos que se refuxiará será a casa de Ken Keirades. Alí deixará escrito un “Cara ao Sol Vermello”.
A cantiga circulará clandestinamente durante o franquismo sen saberse o seu autor. Era para ser cantada ao son da música do himno falanxista oficial pero dándolle a volta ao sentido cunha letra oposta. O seu obxectivo: dar unha resposta á obriga de cantar unha e outra vez esta canción na infame posguerra.


"Car'ó sol coa camisa bermella,
estrela e fouce ó curazón
chimparei ós fachis pol-á orella
da céltiga nazón.

Formarei na troupe libertaria

da rebel Galiza proletaria:
que d' América virá,
pr' acá coa estrela da libertá.
Si che din qu'inda está alí,

sorrí,
que axiña a verán aquí.

Voltarán d' América os fuxidos

ós nosos mártis a vingar
e andarán os fachis encollidos
sin ter pra onde liscar...

Volverá o abrente da fartura

que en chegando os roxos se asegura.
¡En pé galego, érguete xa,
qu'en Galiza alborexando está!"
                                 
                            Alfonso Castro Dono

14 de ago. de 2016

O contralmirante Azarola.

As máximas autoridades militares de Galicia de 1936, tanto da Armada como do exército de terra foron fusiladas en Ferrol: o almirante Antonio Azarola, o xeneral de división Enrique Salcedo e o gobernador militar de Galicia Caridad Pita.
Referencia biográfica de Azarola, comandante xefe do Arsenal Militar, publicada no DIARIO DE FERROL de hoxe.

10 de xul. de 2016

A 80 anos do inicio da Guerra Civil. Publicación de represaliados.

Relación de executados en Ferrol e comarca (1936-1939).
Listado 1 - Xullo e Agosto, 1936.

Xosé Manuel Suárez, licenza CC-BY-SA.
GUERRA CIVIL E REPRESIÓN EN FERROL E COMARCA, Concello de Ferrol, 2002. ISBN: 84-88991-19-3.

Se non se sinala expresamente o lugar, a execución ou paseo prodúcese en Ferrol. Os marcados con C foron sepultados, e a maior parte executados, no cemiterio de Canido, ata un total de 282.

1936. XULLO (6):
D 25 (en Ombre-Pontedeume):
Juan Prieto Balsa (alcalde de Mugardos, comunista de 33 anos, obreiro).
Manuel Serantes Iglesias (vixiante de pesca).
Felipe Tejedor Torio (garda municipal).
D 26 (no cemiterio de Canido, en Ferrol): 
Julio Sas Barros (27 anos, de Betanzos). C. 
Tomás Fuentes Velo (28, de Betanzos). C.
D 30:
Pedro López Amor (36 anos, maquinista do acoirazado "España"). C.

AGOSTO (164):
D 2 (en Cabanas):
Juan Pereiro Maceiras (albanel, 20 anos, concelleiro fronte populista de Cabanas, de UR).
Antonio Brage Porta (albanel, 19, de UR).
D 4 (no cuartel de Dolores, Infantería de Mariña).
Antonio Azarola Gresillón (61 anos, contralmirante, xefe do Arsenal). C.
D 7 (na "Punta del Martillo" do Arsenal):
José Manso Camiño (30 anos, mestre mariñeiría). C.
D 8 (en Mugardos):
Manuel Gallego Durán (42 anos, buzo). Antonio Gallego Durán (38, buzo).
D 9 (en Miño):
José Antonio Sánchez Moreira (labrego, 38 anos).
D 10:
Enrique Caruncho Bergantiños (socialista, 26). C.
D 10 (en Pontedeume):
Rodrigo Álvarez Pardo (secretario do Concello de Ares, 52 anos).
Leonardo Martínez Novo (mestre, de Pontedeume).
José Allegue del Río (médico).
José López Lourido (socialista, exalcalde de Ares).
D 12 (en Miño):
Cesáreo Blanco Fernández (de Leiro, labrego, 23 anos).
D 13 (en Cedeira):
Andrés Bouzamaior (tras ser detido pola GC).
D 13 (no cuartel de Artillería de Ferrol):
Fernando Carballo Rodríguez (empregado do Concello de Ferrol, de UR-Unión Republicana, 54 anos). C.
Manuel Morgado González del Valle (concelleiro PSOE, médico, 43). C.
D 14:
Manuel López Gende (socialista, electricista, 33 anos). C.
D 14 (en Xestoso-Monfero):
José Permuy Rodríguez (fogueiro, 22 anos, de Fene).
Andrés García Marcos (militante de IR, 44 anos, labrego).
Antonio Marcos Silvar (militante de IR, industrial, 39 anos).
D 15, 9:
Gonzalo Seoane Teijeiro (39 anos, obreiro const. naval, fusilado sen xuizo xunto ó seu fillo Pedro Seoane Golpe). C.
Juan Pérez López (da construción naval, 21). C.
José Ferreiro López (socialista, 21). C.
Marcelino Rey Mauriz (xornaleiro da construción naval). C.
Vicente Couce Fraguela (17 anos, de Juventudes Libertarias de Ferrol). C.
Ignacio Blanco Fernández (carpinteiro, de Narón, 33 anos). C.
Pedro Seoane Golpe (18 anos, libertario). C.
Francisco Pita Loureiro (corneta de infantería de Mariña, de Narón). C.
Juan Golpe Leal (da construción naval, 29 anos, tío de Pedro Seoane). C.
D 16 (por suposta fuxida, tras ser detidos):
Andrés Díaz Mascaró (socialista, obreiro da construción naval, 36 anos, detido en outubro do 34). C.
Estanislao González Jiménez (obreiro da naval, de 60 anos). C.
D 16 (cerca de Ares):
Manuel López Blanco (de Redes, obreiro da naval, 21 anos).
Jesús Losada Martínez (militante socialista, de Ares).
D 17, 15:
Alfonso Abrodes Rey (23 anos). C.
José Pérez Cisneros (24, carpinteiro, de Fene). C.
Ramón Souto González (36, industrial, alcalde o 18 de xullo, socialista). C.
Jesús Tenreiro Prim (34 anos, secretario do Concello de Fene). C.
Alfonso Raja Coronado (auxiliar naval do acoirazado "España", 33 anos). C.
Ángel Monteagudo Carro (maquinista do "España", 33). C.
Avelino Parrilla Ares (suboficial da Armada, de Mugardos). C.
Jaime Quintanilla Martínez (45 anos, médico, socialista). C.
Juan García Niebla (60 anos, mestre, da Graña- Ferrol). C.
Ángel García Toribio (36, de Pontedeume, rexistrador da propiedade, de Izquierda Republicana - IR). C.
Ramón Ríos Sordo (maquinista naval retirado, tenente de alcalde de Mugardos, de IR). C.
Cipriano Canosa Caruncho (39 anos, maquinista). C.
Manuel Besteiro Luaces (37, radiotelegrafista). C.
Manuel Serantes Canosa (oficial do "España"). C.
Juan Romalde Prieto (40 anos, oficial 31 de artillería de Mariña). C.
D 18, 4 (no cemiterio da Capela):
Manuel Prado Allegue (funcionario, 38 anos).
Ramón Sardiña Navarro (de Izquierda Republicana, 41 anos).
Celestino Sardiña Navarro (53 anos, secretario interino do concello de  Pontedeume en 1936).
Ramón Agras Fernández (funcionario municipal de Pontedeume, 25 anos).
D 18, 5 (asasinados no cemiterio de Mugardos, por intento de sabotaxe):
Eduardo Sánchez Fraga (médico, 27 anos, de Betanzos, comunista).
Antonio Otero Cartelle (36, peón). Joaquín Seco Franco (21, electricista).
José Tenreiro Delgado (33, secretario do Concello mugardés, natural de Pontedeume).
Antonio Fernández Penedo (44, mecánico).
D 18 ( no Arsenal, por sentenza):
Manuel López Rodríguez (23 anos, cabo de Artillería, por desobediencia a superior fronte a unha sedición). C.
José López Saavedra (cabo de mariñeiría, 23, por traición). C.
D 18 :
José López López (20 anos, soldado do rex. de Artillería de Costa). C.
Manuel López López (22, de Moeche, soldado do mesmo rexemento ). C.
D 18, 10 (ao intentar fuxir segundo a explicación oficial, paseados en Canido):
Andrés Iglesias Garrote (21 anos, tenente de alcalde de Fene, socialista. Militar retirado). C.
Guillermo Cedrón Gómez (dirixente comunista de Ferrol, 54 anos). C.
Mario Rico Cobas (33 anos, obreiro constr. naval e sindicalista de CNT). C.
Felipe Hermida González (funcionario xudicial de Ferrol, 49 anos). C.
Carlos Pérez Fachal (33 anos, do PCE, electricista da construción naval). C.
Manuel González Díaz (33, empregado do Concello ferrolán). C.
Venancio Pérez Blanco (23, comunista, secretario da JSU de Ferrol e representante de "Socorro Rojo Internacional"; cabo de artillería, expulsado da Armada). C.
José Rico Torrente (auxiliar de Artillería, 34 anos, de Fene). C.
Antonio Fernández Mourente (19 anos, mecánico, de JSU). C.
Ramón Hermo Miranda (auxiliar naval, 33 anos). C.
D 19 (en Miño):
María Vázquez Suárez (mestra, socialista).
D 19, 8 (en Caamouco-Ares, ás 5 da madrugada):
Leonardo Díaz Rosado (58 anos, de Pontedeume, farmacéutico).
Pablo Rico Couceiro (63, alcalde de Monfero, de IR).
Juan Rico González (labrego, 46 anos, de Monfero).
Santiago Rodeiro Rodríguez (24, mariñeiro, de Pontedeume).
José María Varela Salido (41, ferreiro, secretario da Soc. Agraria de Grandal-Vilarmaior).
Segundo Martín Martín (natural de Astorga, empregado do ferrocarril, 30 anos).
Ramiro Vázquez Salido (reloxeiro, 30 anos, de Pontedeume, socialista).
José Ramón Fernández Barral (mestre, 37 anos, de Pontedeume, socialista).
D 19 (en As Pontes):
Manuel Franco Bermúdez (36 anos).
Joaquín Antón Rodeiro (27).
Francisco Guerreiro Guerreiro (43 anos, concelleiro da Fronte Popular).
D 19 (no Val-Narón):
Gabriel Cruz Mouriz (obreiro da constr. naval).
Luis Rodríguez Novás (obreiro naval).
José López Leira (veciño de San Mateo, socialista, concelleiro en Narón).
D 20 ou 21, 6 (paseados en Ferrol):
Matías Usero Rey-Torrente (militante de UR, masón, 61 anos, exsacerdote). C.
José Bueno Pérez (socialista, propietario dun quiosco no Cantón de Molins). C.
Pedro Almazán Ramos (27 anos, mestre, do PCE, de Narón). C.
Manuel Teijeiro Williman (51 anos, dirixente de UGT, empregado municipal). C.
Francisco López Chas (27, presidente de JSU de Ferrol e secretario da Sociedade de Sastras e Sastres de UGT; empregado municipal en 1936). C.
Manuel Pérez Verdura (38 anos, garda municipal de Ferrol). C.
D 21 (en Cedeira):
José Freire Pita ( asasinado tras ser detido pola GC).
D 21 (en Ares):
Antonio Cristobo Saavedra (mariñeiro, 34 anos, de Izquierda Republicana de Ares).
Rodrigo Vilar Díaz (obreiro const. naval, de Limodre-Fene, 34 anos).
D 21 (Laraxe-Cabanas):
Salvador Cervera Pérez (cabo de mariñeiría, 27 anos,
de Barallobre-Fene).
D 22, 6:
Luis Sánchez Pinzón (na Galería de Tiro do Arsenal; tenente de navío do "A. Cervera", de Sevilla, de 29 anos). C.
Manuel Castro Lendoiro (21 anos, obreiro const. naval, detido en outubro de 1934, de Juventud Socialista). C.
Manuel Castro Sanjurjo (de Ferrol, militante de CNT). C.
Adriano Maceiras Cela (obreiro const. naval, 29 anos). C.
Eduardo Villalba Villarnovo (35, de Narón). C.
José Pita Pita (concelleiro socialista de Fene, mecánico). C.
D 22 ( no cemiterio de S. Xiao de Narón):
Baltasar Teijeiro Casal (obreiro naval, de Neda, 31 anos).
Laureano Serantes Rodríguez (propietario dunha tenda, de Neda).
Eugenio Meizoso Núñez (mestre de Sedes-Narón, 28 anos).
D 23:
Evaristo López Alvedro (mariñeiro enfermeiro do "Canarias", pasado polas armas, sen previo xuizo, "por traidor a la patria" segundo La Voz de G. , 25-8-36). C.
D 24 (en Cabanas):
Víctor V. Marcelino Abeal López (maquinista da Armada retirado, 53 anos).
D 24 (en Mugardos, sen formación de causa):
Andrés Dopico Otero (26 anos, albanel, secretario de Oficios Varios de Edificación de UGT, e afiliado da Agrupación Socialista de Mugardos).
Román Díaz Díaz (dependente, socialista, 30 anos).
D 25, 18:
Carlos Morris Soriano (comandante de Infantería de Mariña retirado, concelleiro da FP en Viveiro).
Manuel López González (mestre de Valdoviño, 26, anos).
Jesús Lourido Arriví (27 anos, de Cedeira, como os 3 seguintes; tenente de alcalde en 1936). C.
José Vergara López (labrego, 36 anos, concelleiro, detido no "Plus Ultra").
Adolfo Rodríguez Yáñez (41, funcionario xudicial, agrario de Pita Romero).C.
José Ambrós Gordillo (mestre de Porto do Cabo- Vilarrube, de IR, 36 anos).
José López Aneiros (de O Val-Narón, 39 anos, obreiro da naval). C.
Juan López Aneiros (de O Val-Narón, ferreiro, 41 anos). C.
Diego Espiñeira Vilariño (mariñeiro, de Ares, 26 anos).
Manuel López López (oficial do Concello de Valdoviño, 34 anos, de IR). C.
Miguel Mendiguchía Real (capitán retirado de infantería de Mariña, 46, de Izq. Republicana). C.
Enrique Permuy Rodríguez (25, labrego, de Fene, presidente da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Magalofes, UGT). C.
Jesús Cernadas Pérez (22 anos, peón, de Pontedeume).
Antonio Cartelle Sánchez (22 anos, mariñeiro, de Chanteiro-Ares, pasado polas armas tras levantar o puño ó terminar unha arenga do contralmirante Castro). C.
José Agras Pedreiro (23, cabo de mariñeiría, fusilado no Arsenal cos tres seguintes, por sedición a bordo do "España"). C.
Santiago García Eiroa (cabo fogueiro, da Coruña). C.
Bernardino José López Fernández (mariñeiro, de Cudillero, 21 anos). C.
Mario López Victorero (mariñeiro, de Xixón, 21). C.
D 26 (en Narón):
Joaquín Bouzamaior Gato (mecánico, de San Mateo,
39 anos, presidente da Agrupación Socialista de Narón e do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Trasancos).
D 27, 6:
Antonio Canosa Lozano (estudiante, 20 anos). C.
Francisco Cela Ramírez (socialista, peón, 26). C.
Manuel Argüeso Pardo (sindicalista de CNT, 40). C. José Novás Soto ( mestre, de Mañón, 29 anos, de UGT). C.
Antonio Deza Romalde (35 anos, presidente da Asociación General de Dependientes de Comercio ferrolá, UGT, e secretario de IR). C.
Rodrigo Rodríguez Rodríguez (de Serantes, 43 anos, exvicesecretario da Agrupación Socialista de Ferrol). C.
D 27 (en Ares):
Valeriano Prieto Martínez (42 anos, de Mugardos, obreiro naval).
José Antonio Fernández Maceiras (29, de Mugardos).
D 28 (no Val-Narón):
Manuel Pita Loureiro.
D 29 :
Policarpo Barañano Castano (53 anos, capitán mercante, de Sestao). C.
Antero Lújica Mendieta (maquinista naval, de Lejona-Bizkaia. Son do vapor "Ariluce", capturado na costa asturiana polo "Canarias", cando pretendía realizar un alixo de armas). C.
D 30, 18 (en Ferrol):
Carlos Caruncho Méndez (26 anos, marmorista). C.
José López Bouza (de IR e masón; concelleiro interino de Ferrol, presidente da xestora de Deputación Provincial, 46 anos). C.
David Clavero de la Iglesia (24, pintor, de JSU). C.
Rafael Clavero de la Iglesia (20, tipógrafo, de UGT). C.
Alfonso Cendán Rodríguez (29, socialista, de JS de Ferrol, tipógrafo). C.
Pablo Santamaría Mendiola (26, fillo de A. Santamaría, alcalde de Ferrol; militante socialista, funcionario). C.
José Medín Pardo (30 anos, de Ferrol, cargador, de CNT). C.
Constantino Espiñeira Sixto (27 anos, de Mugardos).C.
Ángel Rodríguez Rodríguez (28, de Mugardos). C.
Francisco Pérez Vázquez (de Mugardos). C.
Daniel Salgado Saavedra (26 anos). C.
José Vázquez Montero (38, auxiliar do"Contramaestre Casado", de Serantes, na "Punta del Martillo" do Arsenal, cos seis seguintes do mesmo buque). C.
José Leira Piñeiro (23, fogueiro, de Pontedeume). C. 
Manuel Álvarez Porto (36, fogueiro, do Grove, Pontevedra). C.
Nicolás Noche Pérez (maquinista, 27 anos, de Fene). C.
Julio Catalá Jasso (26, maquinista, de Tuy, Pontevedra). C.
Enrique Gómez Criado (30 anos, auxiliar naval, de Sevilla). C.
Juan Pernas Fernández (maquinista, de 35 anos, de Ferrol). C.
D 31, 7:
Luis Martínez Hermida (36 anos, carpinteiro, de Fene). C.
Manuel Montero Corbeira (48 anos, comerciante, de Fene, socialista). C.
Antonio Calvo Fernández (canteiro, 25 anos, de Pontedeume, como os seguintes). C.
Gonzalo Pantín Tenreiro (carpinteiro, 23 anos, de CNT). C.
José María Fernández Calvo (labrego, 24). C.
Rodrigo Pena Ponte (labrego, 24). C.
Manuel Mosquera Ogando (19 anos, obreiro naval, xa detido en 1934).C.
Punta del Martillo, Arsenal Militar, Ferrol.
Fotografía de Xosé Manuel Suárez, CC-BY-SA.

5 de mar. de 2016

8 de marzo: 79º aniversario do apresamento do "Mar Cantábrico".

Neste blog de Euskadi recollen información sobre o libro ARMAS PARA LA REPÚBLICA e o meu listado de vítimas de 1936 a 1939 en Ferrol e bisbarra.
Grazas desde aquí pola publicación.

9 de xan. de 2016

Claudio Rodríguez Fer publica en MADRYGAL

IRMÁNS

Déchesme a túa man
e brotou na miña
unha flor vermella
de cinco pétalos de pel.
... ...
Non hai máis nación
que a dor compartida
nin máis patria
que a fratria solidaria.

C.R. FER
Madrygal: revista de estudios gallegos.

27 de dec. de 2015

Rafael Alberti fotógrafo

Autorización para exercer como fotógrafo de Rafael Alberti na Guerra Civil, expedida pola Junta Delegada de Defensa de Madrid en abril de 1937:


21 de dec. de 2015

O republicanismo avanza en Galicia.


Resultados Eleccións Xerais en GaliciaCongreso.
PARTIDO



ESCANOS
  


  VOTOS      



% VOTO
 PP10    605.17837,10%
 EN MAREA6  408.37025,04%
 PSOE6  347.94221,33%
 C's1  147.9109,07%
 NÓS0    70.4644,32%

As opcións republicanas e galeguistas (EN MAREA + NÓS) obteñen case medio millón de votos nas eleccións do 20D. Trasladando estes resultados a unhas eleccións autonómicas, a Xunta de Galicia estaría gobernada por unha coalición de esquerdas e nacionalista, co 50,7 % dos votos.
Habería que formar unha coalición electoral (reeditando a Fronte Popular, que vence nas eleccións xerais de febreiro de 1936) para rentabilizar en escanos os votos. A Fronte Popular de 2016 agruparía baixo un programa político de recuperación económica das clases media e traballadora a partidos de esquerda e nacionalistas. De producirse unhas novas eleccións dentro de 2 ou 3 meses, o BNG terá a oportunidade de lembrar (e repetir) a presencia do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda na Fronte Popular da 2ª República xunto a partidos de organización estatal.